Novo ataque mortal de Israel a unha escola en Gaza

Cando menos nove persoas morreron e varias ducias resultaron feridas por un novo ataque das forzas militares israelís contra unha escola da ONU en Rafá. 

Ao menos nove persoas e ducias de feridas é o primeiro balance dun novo ataque das forzas militares israelís contra unha escola da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos en Rafá, na zona sur de Gaza. 

A axencia de noticias palestina Mana informa que se confirmou un bombardeo na escola que dá refuxio a arredor de 3.000 persoas desprazadas. O ataque á escola da NU súmase a outro atentado contra outra escola das Nacións Unidas que rematou con 16 vítimas mortais e máis de 200 feridas. 

Comentarios