Nova xornada de protestos no Exipto sob ameaza de disolución á Irmandade Musulmá

A organización islamista convoca novas mobilizacións após o goberno golpista anunciar que está a valorar a súa "disolución legal"

Malia que o toque de queda e o Estado de emerxencia continúan en vigor, a Irmandade Musulmá convocou para este domingo unha nova xornada de mobilizacións. A cifra de mort@s ascende --segundo cifras gobernamentais-- a máis de 800 persoas. De entre elas, perto de 200 persoas foron asasinadas na "xornada da ira" convocada a pasada sexta feira. 

O goberno golpista do Exipcio asegurou que está a valorar a ilegalización e disolución da Irmandade Musulmá pola consideraren "inimigo" do pobo exipcio e instigadora "dun eixo do terror" que acotío comete "actos de terrorismo". 

Os conflitos entre partidari@s e detractor@s de Morsi continúan en diversos puntos do país e mantéñense desde hai 4 días as medidas de excepción impostas polo goberno golpista. 

Comentarios