Nova xornada de disturbios en Wisconsin tras disparar a Policía a un home negro desarmado

A vítima, de 29 anos, recibiu oito tiros nas costas e está paralizado de cintura para abaixo. O gobernador Tony Evers ordenou despregar as tropas da Garda Nacional.
24 August 2020, US, Kenosha: Police officers guard the Kenosha County Court House, after a demonstration following the shooting of Jacob Blake, an African-American man, by a white police officer the day before. Photo: Mark Hertzberg/ZUMA Wire/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

24 August 2020, US, Kenosha: Police officers guard the Kenosha County Court House, after a demonstration following the shooting of Jacob Blake, an African-American man, by a white police officer the day before. Photo: Mark Hertzberg/ZUMA Wire/dpa

24/8/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Axentes da Policía estatal protexen a sede do tribunal do condado (Mark Hertzberg / Zuma)

O pai de Jacob Blake asegurou onte ao Chicago Sun-Times que o fillo del ten oito feridas de bala nas costas e que os médicos lle confirmaran que está parcialmente paralizado, da cintura para abaixo. Jakob Blake, de 29 anos de idade, é negro e recibiu os disparos por parte dun axente de policía cando subía ao seu vehículo, onde o esperaban os fillos. O incidente foi gravado en vídeo e axiña se fixo público, as rúas de Kenosha, localidade do Estado de Wisconsin onde aconteceu na fin de semana o tiroteo.

Onte os manifestantes incendiaron edificios e provocaron estragos por segunda xornada consecutiva de disturbios, incumprindo o toque de queda decretado, e mantiveron enfrontamentos coa Policía perto do lugar onde se produciu o asalto.

Blake permanece en coidados intensivos, en estado moi grave, e requirirá máis intervencións cirúrxicas, dixo a ABC News o avogado de dereitos civís Ben Crump, que representa a familia da vítima. Segundo o seu relato, Blake tratara de pór fin a unha pelexa entre dúas mulleres, e foi cando recibiu os disparos, todos efectuados polo mesmo oficial, fronte aos fillos de 3, 5 e 8 anos.

Un transeúnte gravou o vídeo, onde se pode ver a Blake camiñando cara ao lado do condutor dun SUV de cor gris seguido por dous oficiais coas súas armas apuntándolle ás costas.

Na gravación escóitanse sete disparos ─finalmente resultaron ser oito─ cando Blake, aparentemente desarmado, abre a porta do coche, e un axente tíralle da camisa. 

Este é o último incidente dunha serie de casos que poñen o foco no tratamento policial á cidadanía negra nos Estados Unidos e que  desatou a indignación na cidade de Kenosha, a uns 65 km ao sur de Milwaukee, a principal cidade do Estado.

Prodúcese ademais tan só tres meses despois da morte en Minneapolis de George Floyd, un suceso que desencadeou protestas en todo o país contra a brutalidade policial e o racismo no sistema de xustiza penal dos EUA.

Reaccións

Activistas do movemento Black Lives Matter exixiron a detención inmediata dos axentes implicados, aos que se lles concedeu un permiso administrativo. 

Pola súa banda, o gobernador de Wisconsin, Tony Evers, ordenou despregar as tropas da Garda Nacional, aínda que tamén condenou o "uso excesivo da forza" e pediu unha sesión lexislativa especial a próxima semana para estudar reformas policiais.

Comentarios