“Nós non recoñecemos aquilo que non nos recoñece”. O pobo amazigh contra a nova constitución libia

O Consello Supremo Amazigh boicoteou as eleccións do 20F para elixir os e as deputados que redactarán o novo texto. Anuncian un Parlamento propio para un pobo, inciden, constantemente “marxinado” e “oprimido” polo centralismo.

amazigh

O 20 de febreiro as e os libios elixiron nas urnas un novo órgano constituínte, un órgano encargado de redactar o texto da nova Constitución de Libia. Mais deste proceso descolgouse o pobo bereber, amazigh na súa lingua propia, anunciando un boicoteo a estes comicios e advertindo desde xa que non ían recoñecer o novo texto constitucional. Unha decisión adoptada, argumentaron en que o pobo amaizgh continúa excluído da vida política libia, segundo recolle o Libya Herald. “Nós non recoñecemos aquilo que non nos recoñece” manifestaron desde o Consello Supremo Amazigh.

A participación nos comicios constituíntes non chegou ao 45%. Había que escoller 60 deputad@s. Só se elixiron 58 por non votar @s amazighs o seu 'cupo' (2 parlamentares)

Mais houbo unha decisión que foi a pinga que rematou coa paciencia d@s amazigh: a representación que se lle daba Libia os pobos non árabes: 2 representantes amazighs, 2 tuaregs (polo tanto, e como sinala Nationalia, oficialmente non se lles considera un só pobo) e 2 para @s Tubus. Seis deputad@s dun total de 60.

Decidir nós sobre o noso para ben de tod@s

O pobo amazigh desconfía da Asemblea constituínte. Non confían en que na mesma se atenda, de cara a súa inclusión na constitución, as demandas históricas deste pobo: Liberdade de aprender e usar o seu idioma propio, poder xestionar os seus recursos, que se recoñeza a súa identidade colectiva...

Se ben @s amazigh foron peza importante para Acabar co goberno de Gadhafi (foron decisivos nos ataques a Trípoli de agosto de 2011), axiña mostraron a súa desconformidade e frustración cos novos responsábeis do país. Xunto cos tubus (outro pobo con identidade de seu) denunciaron que a marxinación e opresión sobre os seus respectivos pobos continuaba tamén na nova xeira.

Quen son?

O pobo amazigh esténdese por unha boa parte do norte de África, de onde son orixinarios (e, xa que logo, anteriores aos árabes). Están presentes en Marrocos, Libia, Alxeria, Tunez... e son entre 23 e 30 millóns de persoas unidas por unha lingua propia: o amazigh. En zonas como a Cabilia foron quen de erguer un potente movemento político e cultural na defensa dos seus dereitos coma pobo.

Comentarios