Norfolk pide a actuación da ONU tras suspender Australia a súa autonomía por querer auto-determinarse

Mobilizacións nesta pequena illa de 34 quilómetros cadrados. Camberra anulou a autonomía en resposta á decisión do goberno autónomo de convocar unha consulta.

911564-norfolk-island

Centos de persoas tomaron parte na pasada fin de semana das mobilizacións en protesta contra a decisión de Australia de abolir a autonomía desta illa de 34 quilómetros cadrados e 2.100 habitantes, situada a mil millas ao leste de Australia. Os e as manifestantes do que era a autonomía máis pequena do mundo criticaban a decisión de Camberra e demandaban a intervención da ONU no conflito, informa Nationalia.

Un informe do Parlamento australiano de 2014 concluía que os problemas económicos e demográficos que padece Norfolk só terían solución cunha integración máis estreita en Australia. Desde a illa rexeitáronse esas conclusións e en maio deste ano convocou unha consulta popular sobre a abolición de autonomía. Na consulta, un 68% dos votantes demandaron a Camberra que convocase un referendo de auto-determinación. A resposta de Australia foi a de abolir a autonomía da illa.

A resposta que se deu en Norfolk a esa medida drástica foi consituír un grupo 'Pobo da illa de Norfolk pola democracia' -do que fan parte catro ex-ministros- que queren implicar a ONU no conflito.

Comentarios