'Nomadland', gañadora dos Oscar

Unha gala sen brillo e marcada pola pandemia.
nomadland

Unha gala aburrida sen case sorpresas. Esta foi a cerimonia da 93 edición dos Oscar, onde a pandemia tamén se notou cun ambiente xélido no teatro Dolby de Hollywood (só había 150 invitados, en lugar dos 3.000 habituais).

A película 'Nomadland' foi a gran triunfadora da noite cos premios á mellor película, mellor directora (Chloé Zhao) e mellor actriz protagonista (Frances McDormand). 

Deste xeito, cumpríronse todas as expectativas que a situaron como a principal favorita e pecha un ano perfecto despois de gañar tamén o León de Ouro en Venecia.

No seu discurso premiado, McDormand quixo reivindicar o cine, despois dun ano desastroso para a industria: “Un día, moi pronto, leva os teus coñecidos a un cine. E ves todas as películas que hoxe se proxectan aquí". 

Seguramente a gran sorpresa da noite foi o Óscar ao mellor actor protagonista, que moitos pensaban que a título póstumo iría a Chadwick Boseman. Porén, a academia preferiu recoñecer o papel de Anthony Hopkins en ‘O pai’, onde interpreta a unha persoa senil.  Hopkins, que até agora recibira varias nominacións pero só tiña estatuíña por ‘O silencio dos cordeiros’, converteuse no actor máis vello que recibiu o premio (83 anos).

Porén, a sorpresa disipouse axiña porque despois de dicir o nome do intérprete galés, ninguén subiu ao escenario para recoller o premio. 

O Oscar á mellor actriz de reparto pasou a mans da veterana actriz coreana Yuh-Jung Youn pola súa interpretación dunha avoa única en ‘Minari. A miña historia familiar’ mentres que o premio ao mellor actor secundario foi para Daniel Kaluuya, pola súa interpretación do líder das Pante’ras Negras en ‘Xudas e do Mesías negro’.

O premio á mellor película internacional recaeu na danesa Another Round (Druk) dirixida por Thomas Vinterberg, que pronunciou un dos discursos máis emotivos da noite en memoria da súa filla Ida, falecida a poucos días para comezar a rodaxe. 

‘Soul’, a película de Pixar estreada en directo en Disney + dirixida por Pete Docter e Dana Murray, gañou dous Óscar: mellor película de animación e mellor banda sonora pola partitura de Trent Reznor, Atticus Ross e Jonathan Batiste.

Sergio López-Rivera, canda Mia Neal e Jamika Wilson, levaron o Oscar á mellor maquillaxe e peiteado polo seu traballo en ‘A nai do blues’. A película, protagonizada por Viola Davis e Chadwick Boseman, é un biopic musical ambientado nos anos 20 de Chicago dirixido por George C. Wolfe.

Comentarios