Nobel de Economía para Paul R. Milgrom e Robert B. Wilson polas súas achegas á teoría de poxas

Ambos os dous estadounidenses.

Paul R. Milgrom E Robert B. Wilson, premio Nobel de Economía (Niklas Elmehed  Academia Sueca das Ciencias)
photo_camera Paul R. Milgrom E Robert B. Wilson, premio Nobel de Economía (Niklas Elmehed Academia Sueca das Ciencias)

O premio Nobel de Economía foi este ano para  Paul  R.  Milgrom e Robert  B. Wilson polas súas melloras na teoría de poxas e invención de novos formatos de poxas, segundo anunciou esta segunda feira a Real Academia Sueca das Ciencias.

“Non só clarificaron como funcionan as poxas e por que os que fan unha oferta compórtanse de certa maneira, senón que utilizaron os seus descubrimentos teóricos para inventar novos formatos de poxa totalmente novos para a venda de bens e servizos”, explican desde a entidade.

Robert B. Wilson desenvolveu a teoría de poxas para obxectos con valor común e demostrou por que os que fan unha oferta tenden a ofrecer menos do valor que cren que ten o produto: pola “maldición do gañador”.

Paul Milgrom incide o director da poxa logrará máis ingresos se os que ofertan saben máis sobre o valor que cren que teñen os outros sobre o produto ou servizo polo que poxan.

A dotación económica que acompaña o premio pasa de nove a dez millóns de coroas suecas neste ano, o que se traduciría en 960.000 euros.

Comentarios