Nicolas Sarkozy, imputado por tráfico de influencias e corrupción

Após 18 horas detido, o expresidente francés foi posto en liberdade con cargos.

Nicolás Sarkozy foi posto en liberdade na madrugada da cuarta feira após 18 horas detido. Un feito sen precedentes no país. O expresidente francés saiu da comisaría con cargos imputado por presuntos delitos de corrupción, tráfico de influencias e violación do segredo de instrución. 

Sarkozy tería tomado parte nunha rede que lle proporcionaba información a respeito do proceso xudicial que investiga un presunto delito de financiación ilegal durante a campaña ás presidencias francesas de 2007.

Neste senso, tamén o seu avogado, Thierry Herzog, foi imputado pois segundo o maxistrado do Tribunal Supremo encargado da instrución, sería o letrado quen informaba a Sarkozy do decorrer xudicial do caso. A cambio, Sarkozy teríalle axudado a Herzog a conseguir un posto na administración de Mónaco. 

Cumpre lembrar que foi neste proceso electoral de 2007 cando Sarkozy chegou ao Elíseo. O xuíz investiga se o partido do exmandatarió percibíu aportacións económicas enviadas polo finado Muamar Al-Gadafi, na altura presidente de Libia. 

Comentarios