Nicolás Maduro non roubou as eleccións de Venezuela

Publicamos as impresións que o xornalista anti-imperialista Great Palast tirou dunha entrevista co presidente do país bolivariano, un texto que foi traducido para o galego pola tamén xornalista María Sabarís

photo_camera [Imaxes tiradas do orixinal]


Greg Palast é un autor de éxito do New York Times e un intrépido xornalista de investigación cuxas reportaxes aparecen no programa de actualidade informativa Newsnight, que se emite pola noite na BBC e no The Guardian. Palast come os ricos e despois cúspeos. Pódense ver as súas reportaxes e vídeos en www. GregPalast.com, onde o espectador pode mandar de maneira segura os seus documentos identificados como "confidenciais". 


O tipo de cazadora marrón barata que subía as escaleiras suxas do apartamento cara á miña oficina de Nova York asemellaba un condutor de autobus.

Nicolás Maduro, elexido Presidente de Venezuela o pasado domingo, foi, de feito, condutor de autobús, despois liderou o sindicato de condutores, e, despois, sendo xefe da Asamblea Nacional de Venezuela, conduciu as leis de Chavez a través da Asamblea Nacional. 

E esta semana, o Departamento de Estado dos EEUU, négase a aceptar os resultados, suxerindo que Maduro secuestrou o reconto do voto. Porén, fixoo en realidade?

Maduro veu onda min aquel día de 2004 enviado polo Presidente Hugo Chávez cunha misión nada arriscada: darme información que precisaba para a investigación que estaba a preparar para a revista Rolling Stone e, de paso, para obter información de min que podería salvar a vida de Chavez.

O tema central da investigación era o 'Anel Invisíbel'. A intelixencia venezolana gravara en segredo os contratistas da embaixada de EUA en Caracas falando en linguaxe espía: "O que tomou forma aquí é unha clase de intelixencia disfrazada... que está anexada ao terceiro anel de seguridade, que é o anel invisíbel". 
 

("Anel Invisíbel"? Alguén andou a ler demasiadas novelas de Alan Furst)
 

O que realmente lles preocupaba era que 'Mr. Corey' (un nome en código que fomos quen de descifrar facilmente) puidera arruinar a súa tapadeira e comezase a berrar "son da CIA, son da CIA". 'Mr Corey' non era definitivamente da CIA, unha axencia que se aferraba á discreción como o seu último salvoconduto. Esta equipa era, de lonxe, moito máis perigosa.

Viña dunha corporación de espías a soldo chamada Wackenhut Inc. Eu estivera a rastrexar Wackenhut durante anos, mesmo desde que os seus espías –máis do estilo Austin Powers que James Bond- foran arrestados durante unha misión encuberta para a BP (British Petroleum). Os espías tentaran gravar ilegalmente un congresista dos EUA pondo un micrófono nun camión de xoguete situado nun conduto de ventilación do teito, xusto enriba da cabeza do lexislador.

Con todo, até sendo espías con poucas luces, cando van fortemente armados poden ser mortais. En 2002, Chávez foi secuestrado coa benzón do Embaixador dos EUA xusto fóra do palacio presidencial e levárono en helicóptero sobre o Mar Caribe onde, segundo me contou Chávez tempo despois, o Presidente asumiu que ía ser convidado a se dar un baño a 2.000 pés de altura. Porén, tan só 48 horas despois estaba de volta sentado no seu despacho.

A pesar deste fracaso, Washington non renunciaría ao seu cometido. Novos documentos revelaron varios métodos para derrocar o goberno eleito de Venezuela. Primeiro, os operarios dos EUA farían trasnadas cos rexistros dos votantes e, se con iso non lle roubaban as eleccións ao partido de Chávez, o paso seguinte sería provocar revoltas en contra do roubo das eleccións.

As revoltas levarían a mortes e estas serían a excusa perfecta para os EUA alentaren outro golpe de Estado visando "restaurar a orde" e "a democracia" en Venezuela e devolver así o petróleo de Venezuela a Exxon.
 

(Chávez apoderárase dos campos de petroleo e Exxon estaba furioso)
 

Maduro adiviñara xa o operativo que querían usar os EUA. "A recolección de firmas (dos votantes)... ocorrería no medio dun clima de violencia e incerteza, tanto nacional como internacional... causaría mortes o mesmo día da recopilación das firmas". 


Pregunta (Great Palast): Xustificaría isto outro golpe de estado?

Resposta (Nicolás Maduro): Si. A xustificación para dicerlle ao mundo que Chávez é un asasino, que Chávez é un ditador, que Chávez é un terrorista e a OEA (Organización de estados americanos) debería intervir e Chávez debería ser botado fóra.
 

Esta semana, os señores da guerra dos aneis voltaron a Caracas debido a que, segundo o guión orixinal, o Departamento de Estado dos EUA está apoiando as reivindicacións da oposición (do que non se ofreceu ningún detalle) que afirman que a vitoria de Maduro está en entredito. E seguindo o vello manual de estratexia, os perdedores están sendo levados ás rúas, sete votantes morreron (a maioría chavistas, aínda que non todos) e Caracas espera un último episodio que leve ao posíbel golpe.

É esta unha manobra para botar a Maduro un tanto inverosímil? George W. Bush promoveu o secuestro trapalleiro de 2002.

Con todo, foi o progresista Barack Obama quen, recén eleito presidente, bendeciu o derrocamento do presidente eleito de Honduras, Manuel Zelaya. Aínda é xusto preguntar se Maduro e os chavistas roubaron as eleccións presidenciais da semana pasada?

Eles non terían por qué. Até o Wall Street Journal acepta que "para a maioría dos venezolanos, Mr. Chávez foi un mesías", e Maduro, o sucesor que Chávez elexiu desde o seu leito de morte, tiña unha grande ventaxa para non perder as eleccións.

Aínda así, a elección foi case roubada polos antichavistas apoiados polos EUA. Como? Iso é o que Chavez quería que Maduro averiguase de min: como poderían os operarios de EUA facerse coas listaxes de electores de Venezuela? Non era unha simples cuestión política: eles sabían que de producirse outro golpe a Chávez non lle sería permitido continuar.

A miña resposta: eles poderían roubar o voto do mesmo xeito que Bush o fixo en Florida, de feito, usando o mesmo contratista. Bótelle unha ollada a estes documentos... volvín velos con Maduro. Dacordo con esta memoria (desclasificada) do FBI, ChicePoint Corp, baixo un contrato sen licitar, roubou as listaxes de votantes de Venezuela, así como as listaxes de votantes de Arxentina, Brasil, Nicaragua, Mexico e Honduras, todos os que estiveron a piques de elexir presidentes de esquerdas. 

Pregunteime a min propio como os cans fieis da nosa seguridade nacional poderían dicer que furtar eses censos fai a nosa nación máis segura? Para que eran? Tiven poucas dúbidas. En novembro de 2000, traballando para The Observer e o programa Newsnight da BBC, descubrín que unha empresa subsidaria de ChoicePoint obtivera, para o gobernador Jeb Bush de Florida, as listaxes de votantes do seu estado e purgara máis de 56.000 votantes, a grande maioría negros e pobres, denegándolles ilegalmente o seu voto. E así foi como o irmán de Jeb, George W, gañou as eleccións presidenciais de EUA, por só 537 papeletas.

E agora ChoicePoint tiña os dados para permitir á Seguridade Nacional facer un 'Florida' en Venezuela -e en Honduras e os demais paises. (En 2006, o candidato da dereita, Andrés Manuel López Obrador, gañou as eleccións mais perdeu a presidencia debido a un burdo trampeo das urnas electorais). 

Chávez leu os meus descubrimentos sobre o posíbel roubo das eleccións -fixoo no seu programa de TV para a súa nación- e entón moveuse rapidamente, estabelecendo un sistema eleitoral que Jimmy Carter, que liderou equipas de observadores electorais en 92 nacións, chamou, "un proceso eleitoral que é o mellor do mundo".

Así é como funciona: cada eleitor de Venezuela obtén dúas papeletas. Unha é electrónica; a segunda é unha impresión en papel da papeleta que aparece na pantalla táctil, que as persoas encargadas de revisar o voto autorizan, despois depositase nunha urna pechada de xeito seguro. Un sorprendente 54% das urnas son elexidas ao azar para seren abertas e comprobadas á man en contra do reconto feito na computadora. É o máis perto dun 'reconto a proba de balas' que se pode obter.

Aínda así, ao cabrón do perdedor estáselle permitido elexir todos os precintos que el queira (12.000) para engadir á auditoría. Esta é a razón pola que o Departamento de Estado dos EUA só lle queda recorrer á ameaza de balas e ao caos do 'terceiro anel' nas rúas para debilitar a lexitimidade do novo goberno de Maduro e como sinal da disposición a apoiar un novo golpe.

Isto tampouco sucederá desta volta. Os gobernos populistas e socialistas que EUA xa non pode botar fóra reemprazaron agora as xuntas e secuaces que unha vez lle deron aos EUA o control da OEA. E os propios cidadáns de Venezuela non deixarían que iso acontecese.

O que me impresionou de Maduro e do seu xefe Chávez foi a súa reacción ao Terceiro Anel e o intento de 'Florida-ción' das súas eleccións. No canto de ordenar arrestos masivos, a súa resposta foi afortalar a democracia cun sistema de voto no que non están permitidos os trucos.

Debería sinalar que ChoicePoint, unha vez expostas as súas actividades, desculpouse ante o goberno de México, accedeu a destruír as listaxes de electores obtidas de xeito ilícito e, pouco despois, foi vendida a unha compañía de solvencia crediticia. Pola súa banda, Wackenhut despediu os seus espías, coñecidos por non seren moi intelixentes, e puxo á venda a compañía por pedazos. 

Ambas compañías negaron actuar fóra da lei intencionadamente, en calquera nación. E no Departamento de Estado dos EUA do goberno de Bush desatouse unha treboada, debido a que o Embaixador das Nacións Unidas John Negroponte, segundo as fontes verificaron, enfureceuse sobre o que el consideraba unha aventura neoconservadora que puña en risco os restantes intereses petrolíferos dos EUA. 
 

(De feito, Chevron terminou pagando o que eu chamo un 'golpe de impostos')
 

O voto seguiu pechado, principalmente porque Maduro -un sincero e competente administrador- non é o Sinatra dos políticos como si o foi Chávez, capaz de cantar e bailar á vez e seguir saíndo perfecto na cámara.

A obxección do Secretario de Estado Kerry pola marxe de vitoria de 270.000 votos de Maduro pareceume especialmente relevante. Isto é porque en 2004, ademais de a Chávez, dinlle a outro candidato presidencial probas do sucedido con Bush e as papeletas: ao senador John Kerry. 

Kerry perdeu contra Bush por uns escasos 119.000 votos en Ohio. Malia ser descaradamente roubado, rexeitou pedir un reconto. Levoulle dous anos recoñecer publicamente os nosos achados e foi cando presentou, xunto ao senador Ted Kennedy, a lexislación para arranxar o sistema de voto corrupto dos EUA. Despois deixaron morrer por abandono á súa proposta de lei. Chávez sabía, e Kerry nunca aprenderá, que a democracia precisa máis que un completo reconto de votos. Precisa, sobre todo, dun grande valor.

Comentarios