Netanyahu e a súa aposta de veto do Estado palestiniano gañan as eleccións en Israel

A dereita do Likud gañou os comicios en Israel por unha marxe maior da agardada.

Até os inquéritos a pé de urna coñecidos após o fechamento dos colexios eleitorais falaban de práctico virtual empate entre a formación conservadora Likud e o centro esquerda da Unión Sionista. Mais non foi así. Netanyahu impúxose finalmente ao obter 29 escanos nun Parlamento de 120. O seu rival Herzog fíxose con 24. O Likud terá, iso si, que pactar con outras forzas da dereita para ter estabilidade parlamentar e gobernar sen agobios.

Na campaña Netanyahu e Herzog puxeron o acento en diferentes prioridades. O líder do Likud apresentouse como o líder dun país en guerra e chamou explicitamente ao apoio dos colonos que ocupan Gaza e Cisxordania. A súa oferta franquicia foi a de que en ningún caso aceitará a constitución dun Estado palestiniano. Por súa parte, a Unión Sionista fixo un discurso vagamente socialdemócrata, coa promesa de formar un Goberno social que mellore as condicións de vida da xente e reduza as desigualdades sociais.

Comentarios