Netanyahu roza a maioría nun Israel onde a esquerda certifica o seu esmorecemento

Israel, fundado como un Estado socialista e onde o socialismo gañou numerosas eleccións, camiña desde hai anos orfo de referentes na esquerda. A radicalización das novas xeracións logo da Segunda Intifada (2000-2005) explica en parte a situación.
netanyahu
photo_camera O primeiro ministro en funcións de Israel e líder do Likud, Benjamin Netanyahu, na noite electoral (Ilia Yefimovich / dpa)

O partido do primeiro ministro en funcións de Israel, Benjamin Netanyahu, encabeza os resultados preliminares das eleccións lexislativas organizadas na segunda feira e, con 97% dos votos escrutados, o bloque de dereitas quedaría a tan só dous escanos da maioría absoluta na Knesset (o Parlamento israelí).

A decisión que tome o Yisrael Beytenu, do ultradereitista Avigdor Lieberman, será chave para a formación de Goberno ou para a convocatoria das cuartas eleccións.

Non desbota esta segunda opción o escritor e tradutor galego Moncho Iglesias, que durante varios anos residiu en Palestina, onde impartiu clases na Universidade An-Najah de Nablus (Cisxordania).

Iglesias, coñecedor da política israelí, opina que "aínda que Netanyahu o venda como unha gran vitoria, tivo unha diferenza moi pequena con respecto a Gantz, e é moi probábel que non sexa primeiro ministro" pola negativa de Lieberman

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

Comentarios