Netanyahu toma posesión como primeiro ministro de Israel á fronte dunha coalición de extrema dereita

Netanyahu, que foi obxecto de improperios durante a súa intervención, acusou a oposición de non aceptar os resultados das eleccións do 1 de novembro.
Benjamin Netanyahu tomou posesión esta quinta feira como primeiro misnitro de Israel (Foto: Ilia Yefimovich / dpa).
photo_camera Benjamin Netanyahu tomou posesión esta quinta feira como primeiro misnitro de Israel (Foto: Ilia Yefimovich / dpa).

O novo Goberno de Israel tomou posesión esta quinta feira tras un acto no Parlamento marcado por unha concentración de centos de persoas fronte á Knesset para protestar contra o Executivo entrante, que conta nas súas filas con varios partidos ultradereitistas e ultraortodoxos.

A votación saldouse co respaldo de 63 dos 120 parlamentarios tras unha sesión que arrincou cun discurso do primeiro ministro, Benjamin Netanyahu, quen presentou a súa axenda política, centrada en “facer fronte ao programa nuclear iraniano, desenvolver a infraestrutura pública e mellorar a seguridade”.

Netanyahu, que foi obxecto de improperios durante a súa intervención, acusou a oposición de non aceptar os resultados das eleccións do 1 de novembro.

"Escoito os constantes choros da oposición sobre o fin do país e a democracia. Perder as eleccións non é o fin da democracia, é a esencia da democracia", apuntou.

Ataques a Palestina

Esta toma de posesión de Netanyahu chega no medio de múltiples ataques por parte das forzas de seguridade israelís que deixaron cidadáns palestinos mortos.

Durante o mes de decembro, o exército de Israel asasinaou unha adolescente de 16 anos durante unha incursión na cidade de Xinín, ocupada polas forzas sionistas.

Tamén, a semana pasada, Israel mataba o futbolista palestino Ahmad Atef Daragmah, durante unha operación para "buscar terroristas"

Comentarios