Un neo-nazi alemán fai parte da Comisión de Liberdades Civís do Parlamento Europeo

Udo Voight, eurodeputado do partido de extrema-dereita NPD, está no comité encarregado da protección dos dereitos humanos e loita contra a discriminación.  

Udo Voight nazi NPD

Udo Voight, eurodeputado do NPD, partido alemán de extrema dereita e con veleidades nazistas, vai sentar na Comisión de Liberdades Civís e Xustiza do parlamento europeo. Aos membros da Cámara europea que, como este ex-capitán do exército alemán, non están en ningún dos grandes grupos asígnaselles un número determinado de escanos nos comités, que son repartidos entre eses parlamentares ‘independentes’. E ao neonazi tocoulle estar representado no comité do Parlamento que é encarregado da protección dos dereitos humanos e loita contra a discriminación.

Voight, ex-capitán do exército alemán, afiliouse ao NPD en 1968, con 16 anos. Foi o lider deste partido entre 1996 e 2011. Declaracións glorificando ás Waffen SS valéronlle unha condena en 2009. Ten negado as cifras do Holocausto, defendido publicamente a Hitler e é partidario de expulsar a todos os inmigrantes de Alemaña. Todo isto adubado con declaracións insultantes a xudeus e árabes, entre outros.

O NPD logrou representación no Europarlamento nestas eleccións do 25 de maio, onde obtivo máis de 300.000 votos, o 1,03 %. 

Comentarios