Naiz pon en destaque que Anova "desbota compartir listaxe con Bildu" e "se presentará con IU"

Desde Euskal Herria tamén se acompañou o desenvolvimento da consulta de Anova. Naiz.Info puxo en destaque que Anova "desbota compartir listaxe con Bildu" e "se presentará con IU".

A focaxe que dá Naiz.Info á información sobre o desenvolvimento da consulta de Anova loxicamente ten a ver co feito de a formación liderada por Beiras se inclinar por reforzar a súa alianza con IU e, destarte, non explorar as opcións de partillar candidatura a Europa con EH Bildu.

Naiz.Info entende que o "resultado" da consulta -un 48% de votos a prol da integración na listaxe de IU, un 46,6% a prol do entendimento con forzas nacionalistas de esquerda e/ou coa esquerda rutpturista do Estado, un 4,6%  a favor de non concorrer a este proceso eleitoral- espella unha "división de opinións no seo de Anova sobre a folla de rota a seguir".

Entende o meio de comunicación de referencia da esquerda abertzale que no referendo prevaleceu a opción "federalista" de IU -"a propugnada polo histórico líder Xosé Manuel Beiras"- fronte a alternativa "nacionalista" soerguida por "boa parte da dirección".

Comentarios