Nace Ernai, a nova organización xuvenil da esquerda abertzale

Esta fin de semana naceu Ernai, a nova organización xuvenil da esquerda abertzale. Ernai xurde após cinco meses de debates en 180 vilas e bairros nos que tomaron parte máis de 2.500 moz@s
Ernai

O frontón Remontival de Lizarra ficou pequeno para acoller os centos de moz@s procedentes de diversas vilas e cidades de Euskal Herria que se citaron nesta localidade navarra para asistir ao acto constitucional de Ernai, a nova organización xuvenil da esquerda abertzale, que recolle o testemuño das desaparecidas Jarrai, Segi ou Haika.

Ernai (palabra vasca que fai referenza a estar atento e ser vivo) xorde após máis de cinco meses de debates e asembleas en 180 vilas e bairros de Euskal Herria, un proceso no que tomaron parte máis de 2.500 mozos e mozas.

"Disposición para a loita"

Ernai constituiuse formalmente mais aínda non conta cunha dirección elexida, polo que son vari@s moz@s que participaron no proceso os que están a coordenar os seguintes pasos. No acto de Lizarra explicouse que esta nova organziación nace cunha "clara disposición para a loita, a construción nacional e activación da mocidade e de dar pasos cara á solución do conflito".

"A nosa maior tarefa será poñer en práctica a soberanía partindo da problemática da mocidade, coa construción nacional como principio crearemos novos modelos de vida". Para Ernai, a xuventude vasca só pode agardar "miseria dos Estados español e francés". Fronte a iso, chaman aos e ás mozas de Euskal Herria a "construír novos modelos de vida" nos que estean presentes o euskera, o feminismo, o internacionalismo,o ambientalismo ou a aposta por outro modelo de desenvolvemento.

E a celebrar o parto: Gazte Danbada

Gazte Danbada será o festival que celebre o nacimiento da nova organización xuvenil que se está a xestar mediante o proceso Zukgua. Un festival que terá lugar desde o 29 de marzo até o 1 de abril. Haberá palestras de debate, obradoiros, coloquios, teatro, animación de rúa e concertos. A cita será en Urduña, unha pequena vila de Bizkaia de pouco máis de 4.000 habitantes.

Comentarios