Demite Mateo Renzi

O Movemento 5 Estrelas é o máis votado nas eleccións en Italia mais a alianza dereitista é a gañadora

Unha participación de 73% deixa un escenario ben diferente ao dos comicios de 2013, co afundimento do PD de Renzi  e ningunha coligazón  cos escanos necesarios para gobernar por si soa.

italia eleccións ede Liga Norte
photo_camera Medios na sede da Liga, unha das triunfadoras da noite.

O Movemento 5 Estrelas e a alianza dereitista suman entre ambas as dúas 68% dos votos nas eleccións deste domingo en Italia. Porcentaxe que deixa ben ás claras o derrubo nestes anos das forzas tradicionais do mapa político italiano, como a democracia-cristiá (xa hai uns anos) ou o Partido Demócrata de Renzi (máis recente). Ningunha das opcións que concorreron ás urnas suman escanos abondo para gobernar por si propias polo que o presidente da República, Sergio Mattarella, vai ter que facer encaixe de bolillos para propor candidatos.

A falla de escrutinio definitivo, os resultados provisionais apontan que M5E foi o partido máis votado, con 30,7% dos votos, un apoio que conquistou nomeadamente no sur do país, con cidades onde superaron 50%dos apoios. Nas anteriores eleccións ficaran en 25,6%. O novo rostro e líder dos ‘grillistas’, Luigi di Maio, con tan só 31 anos de idade, xa sabe agora o que é ser o máis votado. Porén, non lle chega para gobernar.

A alianza dereitista logra case 37% dos votos, sendo o partido que sae mellor parado sae nesa coligazón  a Liga de Matteo Salvini, a quen moitos sinalan como o verdadeiro gañador da xornada. A reconversión da Liga do rexionalismo norteño a unha organización da dereita dura e con propostas e discursos xenófobos aupou este partido do 4% de 2013 a 18,5% do domingo. A Forza Italia de Berlusconi atinxiu 13,5%, sendo superada polos ‘ligistas’, que poden reclamar o liderado da alianza de cara á formar goberno.

A terceira pata, os neofascistas de Fratelli, lograron 4,3% dos sufraxios. Unha pinga máis para o conglomerado de votos da dereita máis dura.

E aO PD? O Partido Demócrata de Renzi ficou por baixo de 20%, un duro golpe. Hai cinco anos, e liderados polo ‘esquerdidtas’ Bersani (moi criticado polos ‘centristas’ d PD por, dicían, restar apoios co seu discurso de esquerdas)  tiveran 25%. Os resultados foron tan contundentes que Renzi presentou xa a súa demisión. Libres e Iguais, de esquerdas, logrou 3,4%.

A esquerda de Potere al Popolo (coligazón de forzas de esquerda impulsada por Refundazione Comunista), logrou 1,1%.

Comentarios