Os Mossos identifican o terrorista abatido en Subirats como o autor do atentado de Barcelona

Os Mossos de Esquadra abateron esta tarde en Subirats Younes Abouyaaquoub, a quen se considera o autor material do atentado de Barcelona, condutor da furgoneta que bateu contra a multitude nas Ramblas. 

bcn
photo_camera [Foto: NacióDigital]

O principal sospeitoso do atentado de Barcelona tería sido abatido por axentes do corpo policial catalán após advertiren que portaba un cinto con explosivos adosado ao seu corpo.

A policía confirmaría, despois de matar Aboupaaquoub, que o cinto era falso.

Houbo en primeira instancia certa confusión sobre a identidade do terrorista abatido. Os Mossos demoraron por volta de dúas horas en confirmar que se trataba de Younes Abouyaaquoub, a quen se atribúe a autoría do masacre perpetrado nas Ramblas.

Esta mesma segunda feira, os Mossos terían confirmado que o segundo corpo sen vida achado entre os entullos do chalet de Alcanar, onde se produciu unha explosión de gas a pasada cuarta feira, pertence ao imán Abdelaki es Satty, tido pola investigación como o cerebro da célula jihadista que tería perpetrado os atentados de Barcelona e Cambrils.

Comentarios