Os mortos en Berlín aumentan a doce e a Policía xa fala de “posíbel atentado terrorista”

As forzas de seguridadepoñen en liberdade o mozo de orixe paquistaní de 23 anos que detiveron acusado de ser o responsábel do atentado na Breitscheidplatz

berlin

A Policía alemana investiga xa como “presunto ataque terrorista” o acontecido na noitiña desta segunda feira en Berlín, cando un camión empotrou deliberadamente a multitude que se atopaga a gozar dun mercado de nadal na Breitscheidplatz. O número de vítimas mortais xa se elevou a 12 e hai medio cento de feridos. Hai un detido, unha persoa de 23 anos, de orixe paquistaní e que entou en Alemaña vai para un ano, ao que se sinalou como o condutor do camión, que se deu á fuga após o ataque. Porén, a policía acabou por poñer el liberdade esta persoa. Isto aponta a que o responsábel segue libre. 

Na cabina do vehículo atopouse o cadáver do copiloto. As informacións apontan que podería ser o propietario do camión, un cidadán polaco. Sospéitase que puido ser secuestrado polo responsábel do atentado para roubarlle o vehículo.

O acontecido en Berlín lembra o sucedido hai uns meses en Niza, cando usando tamén un camión, unha persoa atropelou a multitude que gozaba no paseo dos Ingleses dos fogos do Día de Francia, matando 85 persoas.

A chanceler de Alemania, Angela Merkel, amosou esta segunda feira a súa dor polo acontecido. O alcalde de Berlín, Michael Müller, confesiou estar en “shock”. “É terríbel”, manifestou. As mostras de solidariedade para con Berlín sucécense desde diferentes partes do mundo.


 

comentarios