"È morto Franco Battiato"

O artista nado en Catania morreu aos setenta e seis anos despois dunha longa enfermidade dexenerativa.

 

Palermo, Italy. 22nd November 2012 -- Singer, painter, director, designer, songwriter and author of the song "The Cure" tours in Sicily accompanied by the philosopher Manlio Sgalambro.
photo_camera Franco Battiato (Foto: Europa Press)

O cantautor Franco Battiato morreu aos setenta e seis anos na súa casa de Milio, Sicilia. Considerado un dos grandes xenios da escena cultural italiana, Battiato comezou a súa carreira explorando universos románticos, pero pronto a súa creatividade levouno ao rock progresivo, ao pop á experiementación e á música culta.

Nacera 23 de marzo de 1945 en Jonia (hoxe chámase Riposto), na provincia de Catania. Trasladouse a Milán na primeira metade da década de 1960 para comezar unha carreira profesional no mundo da música.

Despois dos seus primeiros traballos con Giorgio Gaber e Ombretta Colli, debuta como solista por Bla-Bla de Pino Massara cos álbums ‘Fetus’ e ‘Pollution’.

A familia de Battiato anunciou que o funeral celebrarase coa máis estrita intimidade e pediu respecto pola súa privacidade

Músico intuitivo, Battiato vai ter os seus primeiros éxitos con ‘Sulle corde di Aries’ (1973), ‘Clic’ (1974) e ‘Mademoiselle le gladiateur’ (1975).

Na memoria de millóns de persoas quedarán obras atemporais como ‘Centro di gravità permanente’ ou ‘La cura’. Porén, o seu xenio non se deixaba reducir entre as notas musicais e tamén se expresaba detrás das cámaras de película ou entre pinceis e lenzos.

A familia de Battiato anunciou que o funeral celebrarase coa máis estrita intimidade e pediu respecto pola súa privacidade.

O cantautor retirouse dos escenarios hai anos, tras ser diagnosticado de Alzheimer. O seu último concerto foi o 17 de setembro de 2017 no Teatro Romà de Catania, aínda que non anunciou a súa retirada oficial ata 2019, cando publicou o seu último disco, ‘Torneremo ancora’.

Comentarios