9 días despois do falecimento de De la Maza

Morre o fiscal superior de Catalunya que se querelou contra Artur Mas polo 9-N

Falece de forma súpeta aos 69 anos o fiscal superior de Catalunya, autor da querela contra Artur Mas, Joana Ortega e Irene Rigau pola organización do referendo do 9-N.

romero tejada
photo_camera Romero Tejada, á direita

No seu día José María Romero de Tejada foi nomeado como fiscal superior após ser cesado o titular anterior do ministerio público, Martín Rodríguez Sol, quen pagou co seu cesamento unhas declaracións favorábeis ao direito a decidir.

De acordo con fontes consultadas por ElNacional, Romero de Tejada padecía de leucemia, embora a súa enfermidade non trascendera até o de agora. O falecimento teríase producido a consecuencia dun agravamento do seu estado de saúde causado por unha neumonía.

A morte de Romero de Tejada é a segunda en apenas unha semana de membros da xudicatura española relacionados coa cuestión catalá, após a súpeta morte do fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, autor dunha querela por rebelión, sedición e malversación de fundos contra Puigdemont e o resto de integrantes do Govern.

Comentarios