Denuncian que a presa do PCE(r) morta na cadea non recebeu atención médica adecuada

Isabel Aparicio, de 60 anos de idade, padecía unha grave enfermidade. Estaba presa actualmente en Zueza após ser condenada en 2007 a 11 anos e 11 meses.

Isabel Aparicio, madrileña de 60 anos e presa desde 2007, foi atopada morta na prisión de Zueza, onde cumpría pena pola súa pertenza o PCE(r), no que militaba desde a súa fundación en 1975. Foi condenada a 11 anos e 11 meses de cárcere-

Segundo familiares e a organización Socorro Vermello Internacional, Isabel Aparicio padecía unha grave enfermidade desde hai anos da que non foi, afirman, convenientemente tratada. Ademais de artrose dexenerativa xeral e osteoporose, padecía problemas respiratorios e sinusite grave e crónica, desprazamento de vértebras lumbares e hernia de disco. “Non estaba a ser tratada axeitadamente desas doenzas”, denuncian desde SVI.

Comentarios