Morre Moustaki, a voz que puxo son ao Mediterráneo

Finou na Illa de San Lois, no corazón de París, aos 79 anos de idade este cantante nado en Alexandría, de orixe grega, e que abandonou o xornalismo para ser camareiro. 

Fillo de libreiros gregos en Alexandría, amante de Edith Piaf, amigo de George Brassens, xornalista que renegou da profesión, camareiro de conversas en confianza entre fume de tabaco e alcol: compositor para Yves Montad, entre outros...

George Moustaki finou, porque quixo, en París aos 79 anos. Foi o autor de temas como 'Le Métèque ou 'Milord' para alén de 'Ma liberté'. Deixa 47 discos. Cantou en francés. Tamén en inglés e mesmo en galego-portugués e español.

Foi a voz do mediterráneo. Un dos grandes cantantes europeos. Malia erros, que tivo. O máis grande, un dúo con Ángela Molina. Mais até ese erro foi con elegancia. Como bo parisiense bastardo, como el mesmo se ten definido.

Comentarios