Morre o historiador catalán Josep Fontana

Figura incontornábel da vida cultural, social e política de Catalunya durante as últimas décadas, Josep Fontana (1931-2018) deixa un enorme legado. Profesor emérito da Universitat Pompeu Fabra, foi alumno de Jaume Vicens i Vives e bebeu das mellores fontes, nomeadamente da escola de Pierre Vilar. Tivo como pensadores de cabeceira Antonio Gramsci e Walter Benjamin. Entrou a militar no PSUC, o partido comunista catalán, na clandestinidade, en 1957. Abandonouno a principios da década dos 80. O que non abandonou foi o marxismo.

 

 

Josep Fontana
photo_camera Josep Fontana

Dicer historia en Catalunya é dicer Josep Fontana. Esta terza feira morreu aos 86 anos na cidade que o viu nacer, Barcelona. Fixo parte dunha escola, a de Pierre Vilar, e el propio criou a súa, caracterizada polo rigor no traballo e unha visión progresista e dialéctica mais non dogmática.

Era, como os grandes, un excelente prosista, o que lle permitiu brillar no terreno da divulgación e do achegamento da historia ao público non especializado. Destarte, nos últimos anos entregou volumes como Por el bien del imperio. Una historia del mundo desde 1945 ou  El siglo de la revolución. Una historia del mundo desde 1914, esta a súa última obra publicada, dada ao prelo en 2017.

Comentarios