Morre aos 95 anos o poeta sacerdote e revolucionario nicaraguano Ernesto Cardenal

Foi un dos protagonistas da Revolución sandinista e un dos rostros chave da Teoloxía da Liberación.

Ernesto Cardenal
photo_camera Ernesto Cardenal.

O poeta nicaraguano e cura Ernesto Cardenal, un dos maiores defensores da Teoloxía da liberación en América Latina, faleceu aos 95 anos de parada cardíaca. Foi un dos protagonistas da Revolución sandinista, na que exerceu diversos cargos, como ministrod e Cultura. A Cardenal prohibiulle exercer o sacerdocio en 1984 o papa Xoán Paulo II, que lle recrimonou a súa colaboración cos sandinistas. O ano pasado foi rehabilitado polo Papa Francisco.

En 1983, durante unha polémica visita de Carol Wojtyla a Nicaragua, o entón pontífice enfrontouse a Cardenal cunha imaxe que se converteu en icónica. O poeta e sacerdote axeonllouse no aeroporto de Managua ante o Papa. Cando foi para tomar a man do pontífice, Xoán Paulo II retiroulla. Ao solicitar a súa bendición, o Papa sinalou: "En primeiro lugar, debes reconciliarte coa Igrexa".

Cardenal encarnaba aquela consigna coreada polo cristianismo de base que apoiaba o FSLN: “Entre cristianismo e revolución, non hai contradición”.  Ernesto Cardenal deixa unha importante obra literaria que lle gañou varios premios. O seu traballo inclúe non só `poesías, tamén ensaios e memorias.

Cardinal naceu na cidade de Granada o 20 de xaneiro de 1925, nunha das familias máis influentes do país. Pasou a súa infancia na mansión familiar en Solentiname, arquipélago do lago Nicaragua. Estudou en Managua e México, onde se licenciou en literatura e filosofía. Anos despois, seguiu os seus estudos en Nova York. Tamén pasou unha tempada en Europa.

En 1965, aos 40 anos, foi ordenado sacerdote en Managua, onde fundou unha comunidade cristiá, case monástica, de artistas e pescadores nunha das illas do Gran Lago que adquiriu con cartos da familia. Alí escribiu unha das súas máis grandes obras, "O evanxeo de Solentiname". Algunhas das guerrillas que no seu momento loitaban contra o ditador Anastasio Somoza tamén partiron de alí.

Comentarios