Morre o antifascista Julien Terzics, un dos fundadores dos Red Warriors que loitaron contra o supremacismo branco en París

Julien Terzics era un coñecido militante do sindicato francés CNT e actual batería da banda Brigada Flores Magón.
O antifascista francés Julien Terzics (Foto: Brigada Flores Magón).
photo_camera O antifascista francés Julien Terzics (Foto: Brigada Flores Magón).

Esta terza feira transcendeu a morte de Julien Terzics, un dos membros fundadores dos Red Warriors, coñecido militante do sindicato francés CNT e actual batería da banda Brigada Flores Magón. Para moitos, Terzics é un referente do antifascismo galo.

Os Red Warriors foron un grupo de 'redskins' radicalmente antifascistas que actuaron na rexión de París nos anos 80 do século pasado. Tras a súa fundación en decembro de 1986, estes 'redskins' fixéronse famosos por estar, despois dos Ducky Boys, entre os primeiros en opoñerse sistemática e fisicamente aos 'white power skinhead' de extrema dereita baixo o lema: "Non deixes as rúas aos movementos neonazis". Os Red Warriors disolvéronse nos anos 1991-1992.

Formado por un grupo central de 14 persoas, o seu obxectivo inicial era contrarrestar o que vían como un ascenso do fascismo nas rúas. Neste sentido, grupo era denominábase como antifascista radical. Proporcionaron seguridade nos concertos de punk urbano e rock alternativo, en particular os de Bérurier Noirn ou Laid Thénardier.

O seu símbolo era unha fouce cruzada cun bate de béisbol, unha desviación do símbolo comunista da fouce e o martelo. Este símbolo será logo retomado polo movemento dos 'redskins' franceses. Os membros dos Red Warriors foron: Julien Terzics (alias Ranx), Rico (Blackskin), Jeff, Nano, Karim (Rimka), Roy, Scan, Sambot, Anto, Nono, Franky, Arno tepa, Bobo (O Condutor) e Pascal. Logo veu a adición de novos membros con Ado (o grego), Bozo, Kim, Mickey, Alain e Bb des Bois.

Guerra contra o supremacismo branco

Os Red Warriors eran coñecidos por combater o movemento dos white power skinheads, que representa a ultradereita organizada e partidaria da supremacía branca, o orgullo branco e o antisemitismo. Moitos deles están afiliados con organizacións nacionalistas brancas.

Con todo, a cultura skinhead orixinouse a finais dos 1970 e nesta tivo unha forte influencia o movemento británico mod e o xamaicano rude boy -incluíndo un recoñecemento para os xéneros de música afroamericana, ska, música soul e os inicios do reggae-. A identidade dos skinheads nos 1970 non estaba baseada no poder branco nin no neofascismo, mais organizacións de extrema dereita intentaron apropiarse da mesma.

Comentarios