Morre a activista anti-apartheid Winnie Mandela

"Non lamento o que fixen. Nunca o lamentarei. Se o tivese que o voltar a facer, faríao. Todo". A frase é dunha das grandes figuras do pobo negro sudafricano na súa loita contra o apartheid e pola emancipación social e nacional. Morreu esta segunda feira aos 81 anos.

300913 News Winnie Madikizela-Mandela talks to the staff of the Nelson Mandela Foundation about her best-selling book 491 days: Prisoner number1323/69. It was announced that book will be published in French in January and the world English have been sold to Ohio University Press foto Felix Dlangamandla/ POOL
photo_camera Foto: The Nelson Mandela Foundation

Winnie Mandela naceu como Nabandle Nomzamo Winfreda Madikizela en Bizana, Sudáfrica, a 26 de setembro de 1936. Xa moi nova, comezou a militar nos movimentos de liberación do pobo negro sudafricano. En 1957 coñeceu Nelson Mandela, con quen contraíu matrimonio un ano despois. Pasou polas durísimas cadeas sudafricanas e apoiou todas as formas de loita contra o establishment racista, incluída a armada.

Derrotado o apartheid no plano político -no social a populación negra está aínda moi lonxe da súa plena liberación en un país en que a maior parte da riqueza continúa nas mans das elites brancas-, fixo parte do primeiro goberno Mandela, gabinete en que asumiu a carteira de Arte, Cultura, Ciencia e Tecnoloxía, en 1994.

O seu prestixio nas bases do Congreso Nacional Africano -o partido movimento que liderou a loita negra contra o apartheid- superou todas as probas, mesmo acusacións de corrupción durante a súa etapa ao fronte do goberno. Era coñecida como A Nai da Nación.
 

Comentarios