Montero e Iglesias teñen que abandonar Asturies e volver a Madrid após o acoso alentado nas redes

Pablo Iglesias e Irene Montero a presidir o Consello Cidadán Estatal de Podemos
photo_camera Pablo Iglesias e Irene Montero.

A ministra Irene Montero e o vice presidente español Pablo Iglesias suspenderon as súas vacacións en Asturies e regresaron a Madrid logo de que aparecesen mensaxes nas redes sociais alentando o acoso e dando a coñecer o lugar en que se atopaban ambos cos seus fillos.

A parella chegara a Asturias a pasada sexta feria coa intención de pasar unha semana de descanso e, segundo fontes do seu círculo, a publicación da localización exacta do lugar no que se atopaban . Primeiro recibiron ameazas e insultos nas redes sociais, nas que varios perfís compartiron o lugar no que se atopaban os políticos e como chegar., tamén houbo pìntadas.

Tras sufriren presión na fin de semana, atopáronse ao regresaren a Madrid cunha mobilización ante a súa casa que lles impediu entrar até pasada unha hora.

Esa concentración mantense desde o 15 de maio de forma permanente ante a súa morada, con relevos organizados pola ultradereita para mantela continua no tempo.

O secretario xeral do Partido Comunista (PCE), Enrique Santiago, cargou duramente onte contra a Fiscalía por non actuar ante o acoso continuo á familia Montero-Iglesias e acusou a existencia de "permisividade policial". 

Comentarios