Monago (PP) sobrevive como presidente da Junta de Estremadura grazas á abstención de IU

Non houbo sorpresas e a abstención do grupo parlamentar de IU permite ao PP reter a presidencia da Junta de Estremadura.

monago
photo_camera monago

Monago sobreviviu á moción de censura interposta polo PSOE grazas á abstención do grupo parlamentar de IU. 32 votos en contra da iniciativa, 30 a favor e 3 abstencións, as de IU, así se saldou a votación no Parlamento estremeño. IU xustificou a abstención porque, dixo, o debate foi apenas "un duelo de esgrima" entre PSOE e PP.

En todo momento, o portavoz de IU sentiuse protagonista do debate, ao seren os votos do seu grupo parlamentar decisivos para a sorte da moción de censura. De feito Pedro Escobar cualificou a iniciativa do PSOE de "moción imposíbel" e o debate de "eleitoralista".

Para IU, os que teñen que botar a Monago da presidencia da Junta son "os estremeños" cando se vote nas eleccións autonómicas de 2015.

Carlos Floriano, portavoz do PP, coincidiu con IU ao xulgar a moción de censura como "unha xogada eleitoral" do PSOE.

Comentarios