Mocións de censura farán caer o goberno de Passos Coelho antes de entrar en funcións

PS, BE, PCP presentarán cadansúa moción e fan público un acordo de goberno. A CGTP-IN convoca concentracións para "consumar a derrota da coligazón PSD/CDS".

Assembleia da República Portugal

Portugal encetou esta segunda feira (9 de novembro) a sesión na que o primeiro ministro, Passos Coelho, presenta e defende o seu programa de goberno para esta lexislatura. Porén, a súa coligazón (PSD/CDS) non conta con maioría absoluta na Asemblea da República. As forzas até o de agora na oposición (PS, BE e CDU) anunciaron que tombarán a proposta da dereita e presentarán cadansúa moción de rexeitamento. A primeira en debaterse será a do PS na cuarta feira (10 de novembro). 

Nas últimas semanas as tres forzas políticas (PS, BE e CDU) alcanzaron un acordo político que permitirá gobernar o Partido Socialista. Neste senso, rexeitarán o programa do primeiro ministro Passos Coelho o que impedirá manter o executivo á dereita embora for indixitado primeiro ministro o lider da coligazón PSD/CDS

O debate e votación das mocións terá lugar na cuarta feira após o discurso de Passos Coelho e máis das preguntas formuladas polas portavocías de todos os grupos con representación na Cámara. Unha primeira xornada da sesión marcada polo anuncio das mocións de rexeición e do acordo de goberno ao que chegaron as forzas de esquerda. 

Promover o " desenvolvemento económico"

No cerne do acordo de goberno do PS, BE e CDU sitúanse unha listaxe de medidas que xiran arredor dos salarios e pensións; o combate á precariedade laboral e a prol da xeración de emprego, reformas ficais, cuestións vencelladas aos servizos públicos (sanidade e educación), a sustentabilidade da Seguranza Social e cuestións medioambientais. 

Após tomberen o programa de goberno do PSD/CDS o presidente da República terá que determinar se nomea outro primeiro ministro ou un goberno de xestión

Simultaneamente a CGTP-IN convoca unha concentración ás portas do Pazo de São Bento coa que chaman o pobo portugués a "consumar a derrota da coligazón PSD/CDS" mais tamén a exixir "respostas ás reivindicacións dos traballadores portugueses". Será por volta das 15 horas e con ela reclamarán a concretación dunha "política que promova o desenvolvemento económico" do país "ao servizo dos traballadores" ao tempo que "reverta as privatizacións dos sectores e empresas fundamentais para o desenvolvemento" de Portugal, sinala a central sindical. 

Após apresentaren as mocións de rexeición formalizarase oficialmente a do PS --a forza política con máis escanos-- que obterá o respaldo da maioría absoluta da Cámara. Neste senso, o presidente da República, Anibal Cavacco Silva deberá adoptar unha decisión nos vindeiros días, indixitar novo primeiro ministro ao socialista António Costa ou nomear un goberno de xestión até a convocatoria dunhas novas eleccións lexislativas. Neste senso, podería optar pola segunda opción o que faría recuncar o goberno na dereita. 

Comentarios