Colas para votar nos colexios que se manteñen abertos

A mobilización social mantén o 1-O embora as cargas e ocupacións de colexios pola policía española

Dani Candal referendo
photo_camera Imaxe Dani Candal

Hai grandes colas para votar naqueles colexios que conseguiron abrir para este 1-O. Antidisturbios da policía española e da Garda Civil cargaron en diferentes zonas (Sabadell, Tortossa, Barcelona, Girona, S. Julià de Ramis, Tarragona, Artesa, entre outras) e procederon a entrar en colexios electorais, en ocasións rebentando con mazas portas e xanelas.Unha vez dentro, requisaron urnas e papeletas. Entre os centros de votación intervidos, aqueles onde tiñan que votar o president Puigdemont ou a presidenta do Parlament, Carme Forcarell. O presidente catalán, que visitou o colexio Sant Julià de Ramis - onde lle correspondía votar e non puido pola intervención policial- afirmou que ao goberno español "esta violencia inxustificada acompañaráos por sempre".

catalunya referendo feridos

As cargas deixaron varias persoas feridas. O delegado do goberno español en Catalunya, Enric Millo, xustificou a actuación pola “pasividade” dos Mossos. Ademais, un ataque da Garda Civil _segundo ANC- afectou o sistema informático de votación, o que obriga adiar a votación. O Ministerio do Interior afirma que desactivaron o censo universal. 

O portavoz do Govern, Josep Turull, responsabilizou o goberno español da "represión" e "violencia de Estado" propias do "franquismo", polo que pediu a demisión de Enric Millo, delegado do goberno español en Catalunya. e afirmou que a maioría dos colexios electorais están funcionando. "73% das mesas están constituídas e Catalunya está votando". 

Embora estas dificultades, miles e miles de persoas están ás portas dos colexios electorais, formando filas para poder votar.  Desde a Generalitat activaron o censo universal para garantir o voto embora se fechen colexios. Isto é, que unha persoa con dereito a voto poderá exercer en calquera colexio electoral, non só no que lle corresponda.

Comentarios