Mireia Boya di que alertaron a CUP de que se lles podía acusar dun “atentado con mortos”

Mireia Boya, parlamentar da CUP
photo_camera Mireia Boya, CUP

A cabeza de lista da CUP por Lleida e presidenta do grupo parlamentar desta formación durante a pasada lexislatura, Mireia Boya, asegura que a CUP foi advertida que podía ser acuada de hipotéticos atentados que acontecesen en Catalunya. “Podíasenos acusar dalgún atentado con mortos na rúa”.

“Díxosenos que podía ser violencia de falsa bandeira ligada ao movemento independentista e especialmente á esquerda independentista”, dixo nunha tertulia en Catalunya Ràdio. Mireia Boya deu veracidade ás declaracións da secretaria xeral de ERC, Marta Rovira, quen a pasada sexta feira sostivo que o Estado ameazara con violencia e mortos de se proclamar a independencia. “Confirmámolo”, dixo a candidata da CUP, “tamén se nos trasladou esa inquietude”.

Boya tamén cuestionou cal será a reacción do Estado se o independentismo gaña as eleccións do 21 de decembro. A convocatoria destes comicios “foi un movemento moi intelixente do goberno español”, dixo, pois reduciu a marxe de ,manobra do independentismo. 

Comentarios