Miranda empraza o presidente da Eurocámara a prohibir a participación de Vox nun acto

A eurodeputada do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, vén de se dirixir ao presidente da cámara para lle solicitar a prohibición da presenza de Vox nun acto previsto para o 6 de marzo por supor, di a nacionalista, unha “ameaza á orde pública e á seguridade” do Parlamento Europeo.

Ana Miranda Peti 4
photo_camera Ana Miranda

Vox “ameaza a orde pública e a seguridade” do Parlamento Europeo. Esta é a advertencia que vén de lle facer Ana Miranda, a eurodeputada do BNG, ao presidente da Cámara, Antonio Tajani, pola anunciada presenza do secretario xeral de Vox, Javier Ortega Smith, nun acto convocado para o 6 de marzo polo grupo ECR, que aglutina grupos de extrema dereita.

Nun correo electrónico ao que tivo acceso Sermos Galiza, Miranda sinala que as últimas declaracións públicas de Vox “non instan precisamente ao pacifisimo nin ao respeito polos dereitos humanos”.

A petición da eurodeputada do Bloque chega un día despois de que Tajani suspendese un acto do president da Generalitat Quim Torra e do president no exilio Carles Puigdemont alegando motivos de seguridade.

Comentarios