O ministro de Interior belga, o flamengo Jan Jambon, apoia a independencia de Catalunya

O relato dunha Catalunya sen apoios internacionais é un mito centralista. Hai voces que comezan a se erguer en defensa do direito de autodeterminación do pobo catalán e mesmo da súa independencia. En Bélxica, un estado formado por dúas nacións, o seu ministro de Interior, flamengo, apoia a fundación da República catalá.

Jan Jambon
photo_camera Jan Jambon

O 1-O o primeiro ministro belga, o valón Charles Michel, censurou a represión contra os colexios eleitorais, afirmou que a violencia "nunca pode ser a resposta" e reafirmou "a nosa chamada" a prol do "diálogo político".

Esta cuarta feira, o ministro de Interior, o nacionalista flamengo Jan Jambon, foi alén de Charles Michel e deixou ver o seu apoio á causa independentista: "O meu corazón está cos cataláns. Eu son un nacionalista flamengo e, aliás, entendo a situación de Catalunya". 

En declaracións a RTBF (a radio televisión belga francófona), Jambon engadiu: "A situación é complicada. Eu penso que é preciso un mediador, internacional ou doutro tipo, para sentar nunha mesa [de negociación]".

O dirixente da Nova Alianza Flamenca, un partido nacionalista situado no centro-direita, avanzou que a demanda de recoñecimento dunha Catalunya independente estará nalgún momento "sobre a mesa da comunidade internacional".

Comentarios