A ministra de Industria recibe un sobre cunha navalla ensanguentada

O sobre chegou á secretaria da ministra no Ministerio de Industria.
navalla sobre maroto
photo_camera Navalla enviada á ministra de Industria (Foto: N.D)

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, María Reyes Maroto recibiu un sobre no ministerio cunha navalla ensanguentada no interior. A que sería vicepresidenta económica se o candidato do PSOE nas eleccións madrileñas, Ángel Gabilondo, sae elixido sería a cuarta persoa ameazada nos últimos días.

A vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, anunciouno nun acto que decorreu na mañá desta segunda feira sobre diversidade na sede de  Ferraz. "Non ides pasar, ao fascismo dicímosvos non ides pasar. Acabouse, isto vai de democracia!", exclamou.

Segundo indican fontes do Executivo español citadas en diferentes medios, xa se abríu unha investigación. O sobre chegou até a secretaria da ministra no Ministerio de Industria. A navalla estaba dentro do sobre, con marcas vermellas, que aínda non se sabe se é sangue ou pintura, segundo confirmaron a Público fontes do Ministerio. Un CD evitou que o escáner identificase o arma.

"As ameazas e a violencia nunca acalarán a voz da democracia. A liberdade prevalecerá. Moitas grazas por todas as mostras de apoio", escribiu no seu twitter a propia ministra

Dita ameaza sucede catro días despois de que o líder de Unidas Podemos, o ministro da Interior, e a directora da Garda Civil, María  Gámez, recibisen un sobre en cuxo interior había catro balas xunto a unha mensaxe ameazante.

Após coñecerse a noticia, diversos cargos políticos reaccionaron a esta nova ameaza . Neste sentido, o líder de Unidas Podemos, Pablo Iglesias ofreceu a súa solidariedade a Reyes  Maroto: "Xa está ben de ameazas fascistas", afirmou.

"As ameazas e a violencia nunca acalarán a voz da democracia. A liberdade prevalecerá. Moitas grazas por todas as mostras de apoio", escribiu no seu twitter a propia ministra de Industria apóse se coñecer a nova.

Precisamente esta segunda feira, o Ministerio do Interior acordou reforzar as medidas de protección para Fernando Grande- Marlaska, Pablo Iglesias e María  Gámez. Segundo un documento de Interior, o Goberno español reforzará a protección "en atención á valoración do risco pola actual ameaza" despois de que os tres recibisen a pasada semana senllas cartas con cartuchos de bala no seu interior.

Comentarios