Ministra de Enerxía non pode acceder á Cimeira do clima de Glasgow por ir en cadeira de rodas

"A única forma en que podía entrar era camiñando case unha milla ou subindo a unha lanzadeira que non era accesíbel para cadeiras de rodas", lamentou Karine Elharrar, ministra israelí.

Elharrar ministra israel

A ministra de Enerxía de Israel, Karine Elharrar, estaba confirmada para asistir á conferencia sobre o clima en Glasgow, Escocia, mais non puido entrar no recinto do SEC Center porque non está habilitado para persoas con cadeira de rodas.

Elharrar sofre distrofia muscular e móvese nunha cadeira de rodas. Durante dúas horas, os organizadores do evento negáronse a permitirlle a entrada co vehículo que chegou, segundo denunciou a oficina da ministra.

Finalmente, ante a intransixencia da organización, a ministra decidiu regresar ao seu hotel de Edimburgo, a máis de 70 quilómetros da cimeira.

“A única forma de entrar, dixéronme, era camiñar case unha milla ou subirse a unha lanzadeira que non era accesíbel en cadeira de rodas”, lamentou Elharrar en declaracións a Canal 12.

Por outra banda, a ministra ten criticou á ONU, organizadora da conferencia, por promover a accesibilidade das persoas con discapacidade, mais non a aplicala nos seus actos.

"Espero que aprendamos a lección", concluíu. O goberno do Reino Unido xa lle pediu desculpas.

Comentarios