O Ministerio de Cultura subliña o seu apoio ás touradas

O ministro de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes, recorda o apoio do seu departamento á tauromaquia. "Non son sospeitoso", di. 
O ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
photo_camera O ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)

O ministro español de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes, lembrou esta segunda feira, 19 de outurbro, o apoio do seu departamento á tauromaquia, defendendo que el non é "sospeitoso" de desatender o sector, tras as críticas recibidas por unhas declaracións sobre recomendar ou non ir ás touradas.

"Estou a facer un traballo discreto pero semella que a decisión de ir aos touros é individual e o ministro non debe aconsellar e desaconsellar. O meu traballo é doutra índole", dixo Uribes en resposta ás críticas que recibiu do sector tras a entrevista no xornal El Mundo en que afirmou que  non debía aconsellar ir aos touros e que o teatro, en cambio, era "diferente no sentido de que é unha cuestión pacífica". "O teatro  non  esperta polémicas",  engadiu.

Comentarios