No mínimo 5 persoas mortas na erupción dun volcán en Nova Zelandia

Foi na illa de Whakaari, deshabitada, mais na que meses momentos estaban medio cento de turistas.

nova zelandia wakabi
photo_camera (Institute os Geological and Nuclear Sciencies)

No mínimo 5 persoas falecidas e varias desaparecidas é o balanzo, provisional, da erupción esta segunda feira do volcán Whakaari, nunha illa deshabitada ao nordeste de Nova Zelandia onde se atopaban medio cento de turistas. As autoridades falan tamén de que hai persoas atrapadas nesa zona.

"Debido ao alto risco, os equipos de emerxencia non poden acceder á illa (...) que permanece inestábel e con posibilidade de novas erupcións", apuntou o vice comisionado de Operacións Nacionais da Policía, John Tims, en conferencia de prensa.

O comisionado indicou que as persoas falecidas fan parte das 23 persoas de "varias nacionalidades" que foron rescatadas da illa e que se atopaban nela no momento da erupción.

Comentarios