Milleiros marchan en Montevideo en silenzo para exixir xustiza para vítimas da ditadura

A 18ª Marcha do Silencio, convocada por familiares de desaparecid@s na ditadura militar, volveu reunir a ducias de milleiros para se mobiliar de noite e en silencio contra a impunidade. 

Uruguai

Máis un ano, e xa van 18, milleiros e milleiros de persoas marcharon de noite e en silencio polas rúas de Montevideo. Unha marcha que,convocada polas Nais e Familiares de uruguaios detidos-desaparecidos, quer reclamar “xustiza e verdade” para cos e coas desaparecidas na ditadura militar que desde 1973 a 1985 esmagou este pequeno país de Sudamérica.

A data elexida para a mobilización, 20 de maio, débese a que nese día de 1976 foron asasinados en Bos Aires, onde estaban exiliados,os lexisladores uruguaios Zelmar Michelini (senador) e Héctor Gutiérrez Ruiz (deputado) canda cos militantes tupamaros Rosario Barredo ey William Whitelaw. Ningún destes casos foi aclarado.

Estivo Eduardo Galeano, si. E, o importante, ducias de milleiros máis

“A loita contra a impunidade continúa” foi unha das palabras de orde desta multitudinaria protesta na que, entre outras, estivo presente oe scritor Eduardo Galeano.

A demanda de que haxa “verdadeira xustiza” para os e as desaparecidas, @s asasinad@s, @as torurad@s, @s exiliad@s... “no cesa”, indicaron @s organizador@s da marcha.

Catro décadas após do golpe de Estado “non logramos xustiza para todos», recoñeceron desde a coalición de esquerdas Frente Amplio, actualmente no goberno.


 

Comentarios