DENUNCIARON A SúA ILEXITIMIDADE

Milleiros saen á rúa no Brasil contra o Goberno de Temer

Milleiros de brasileiros e brasileiras botáronse á rúa na noite da sexta feira en máis de 40 cidades de 19 Estados e no Distrito Federal para protestar contra o Goberno interino de Michel Temer, que este domingo fai o seu primeiro mes de mandato após o golpe parlamentar recibido por Dilma Rousseff.

[Imaxe: @Anonimus_UE] Protestos no Brasil
photo_camera [Imaxe: @Anonimus_UE] Protestos no Brasil

Convocadas polo Partido dos Traballadores e a Fronte Popular do Brasil, milleiros de persoas secundaron protestos ao longo do país para denunciar a ilexitimidade do Goberno de Temer, que este domingo fai o seu primeiro mes á fronte do Brasil, e o que consideran ataques a dereitos sociais e laborais.

Nas últimas semanas saíron á luz denuncias e acusacións de corrupción por parte do presidente interino. Aliás, as persoas manifestantes censuran a reforma das pensións, o endurecemento dos dereitos das traballadores, a desvinculación dos orzamentos de educación e saúde, a criminalización dos movementos sociais e a supresión de programas de benestar.

A principal mobilización transcorreu pola Avenida Paulista de Sao Paulo e contou coa presenza de Lula Da Silva, quen falou da posibilidade de se postular nas eleccións presidenciais de 2018. “Eles queren afundir a miña imaxe para que eu non poida ser candidato a presidente. Canto máis me provoquen, máis corro o risco de ser candidato a presidente”.

Comentarios