Militares españois partillan unha petición a Trump para que o exército dos EUA derroque o “Goberno ilexítimo” de Sánchez

No grupo de  WhatsApp "IX Promoción Artillería" partillouse esa petición, que se presentou nun portal de iniciativas de EUA.

 

Estados Unidos exército EUA afganistán

Mensaxe no chat da IX Promoción de Artillería no que o subtenente Javier Atanes Doral partilla unha petición á Casa Branca, que asinaron máis de 5.000 persoas, pedindo que o Exército de EUA derroque o Goberno de Pedro Sánchez e tome o poder. Eis a noticia que publica Público e que supón un exemplo máis na radicalización extrema dereitista que aniña en importantes sectores do exército español. 

Este medio informa como hai unha plataforma de recollida de sinaturas en internet, ‘We  the  People’, a través da que se poden formular peticións cidadás á Casa Branca, institución que debe ofrecer unha resposta se se recollen polo menos 100.000 rúbricas en 30 días. 

Unha desas iniciativas demanda que o presidente saínte Donald Trump ordene á " US  Army" (o Exército estadounidense) que derroque o "Goberno ilegal" de Pedro Sánchez para que "EUA asuma temporalmente o liderado do Exército español e dos corpos policiais nacionais e rexionais" e "proporcione os medios para unha transición segura a un novo sistema de Goberno". 

A petición reuniu máis de 5.040 firmas nun mes e foi partillada n un grupo de  WhatsApp de oficiais e suboficiais en activo ou na reserva do exército español, como é o de "IX Promoción Artillería", onde algúns participantes tamén mostran o seu apoio ao chat golpista de militares retirados no que se falou de fusilar a 26 millóns de españois, como tamén revelou Público.

Comentarios