As milicias curdas recuperan o control de Kobane

Durante o domingo avanzaron polo único barrio que fica baixo o control do ISIS. 

Segundo o Observatorio sirio de dereitos humanos as milicias curdas están a avanzar no control da cidade de Kobane. Neste senso, terían recuperado o 90% do territorio situado ao sur da Siria, un enclave fronteirizo con Turquía no que se libra un enfrontamento contra o ISIS (Estado Islámico) desde setembro de 2014. 

Así, durante esta fin de semana as Unidades de Protección do Pobo curdo avanzan nas inmediacións do barrio Kani Arabane, o único que até o momento permanece baixo o control do ISIS. Segundo o Obsevatorio sirio de dereitos humanos o Estado Islámico tería enviado por volta de 140 soldados de reforzo, algúns deles menores de idade e sen adestramento. 

Comentarios