Votan miles de veces desde o Ministerio de Defensa para que nunha enquisa sobre Xibraltar gañase a opción pro-España

O xornal londinense 'The Telegraph' lanzou na súa web a pregunta: "É Xibraltar británico ou español?". E milleiros de votos chegaron desde ordenadores e IPs vencelladas o ministerio español.

ministerio defensa
photo_camera Foto: Ministerio de Defensa

Pode unha simple pregunta en internet, sen maior pretensión que sondear a sensibilidade d@s británicos, levar a un estado ao ridículo? Se falamos do Estado español, a resposta é si. Desde o Ministerio de Defensa español votouse nesta enquisa milleiros e milleiros de veces para atinxir que a resposta fose, como non, que Xibraltar é español.

A sondaxe foi deita polo Telegraph, que preguntou nas redes “é Xibraltar británico ou español?”. Houbo un aluvión de respostas (un millón de votos). Na análise sobre a procedencia dos votos, o xornal detectou que miles dos que eran favorábeis a un Xibraltar español viña deIPs ou de ordenadores de orixe do Ministerio de Defensa español.

“Armada dixital roji-gualda”

Ademais, tamén se detectou como se impulsou polo que Telegraph cualifica como “armada dixital” unha campaña de comunicación en redes sociais “incentivando á xente a votar que Xibraltar debía ser entregado a Madrid”.

@s 'llanit@s' votan, máis unha vez, por Gran Bretaña

Na análise dos votos desta enquisa, o 99,79% dos procedentes de Xibraltar manifestaban que eran británicos, non españois. 

Comentarios