Tres mil persoas marchan en Naoned pola reunificación de Bretaña

A manifestación demanda ‘’dereito a decidir’’ fronte á división territorial imposta por París e que divide Breizh (o país bretón)

breizh bretaña

Por unha Bretaña reunificada e polo dereito a decidir. Baixo esta chamada marcharon esta fin de semana en Naoned ( Nantes) máis de 3.000 persoas, segundo a organización. Os manifestantes demandaban un referendo para que o Loira Atlántico poida reunifircarse coon Bretaña, da que historicamente fixo parte. Actualmente, Breizh está divida entre as ‘rexións’ de Bretaña e Loira.

bretaña breizh reunificacion
A manifestación, convocada e apoida por dierentes organizacións, entidades e colectivos, decorreu co lema 'Decide en Bretaña!' e reivindicouse a lingua bretoa e a organización de referendos populares sobre a reunificación. En 2014 a plataforma 'Dibab-Que Bretaña decida' impulsou a idea de pular pola reunificación de Bretaña a través de consultas populares, implicando á cidadanía e apostando en ligar esta cuestión coa necesidade de abrir un debate sobre o autogoberno e a soberanía. Desde entón, varios concellos bretóns acolleron estes referendos populares.


Na mobilización tamén houbo momentos para a solidariedade co proceso catalán e demandar a liberdade dos presos políticos cataláns.

Comentarios