Iceta postúlase como ministro coa marcha de Illa a Catalunya

Mentres o aínda ministro de Sanidade, Salvador Illa, acepta ser o candidato ás eleccións catalás, o presidente do Goberno do Estado español, Pedro Sánchez, sopesa que Carolina Darias sexa o recambio nunha carteira tan importante en plena pandemia.
Salvador Illa acompañado de Miquel Iceta. (Foto: David Zorrakino / Europa Press)
photo_camera Salvador Illa acompañado de Miquel Iceta. (Foto: David Zorrakino / Europa Press)

O anuncio de que o actual ministro de Sanidade, Salvador Illa, será o candidato do PSC ás eleccións que van decorrer en Catalunya o próximo mes de febreiro, supón un estudo da reestruturación do Goberno do Estado español por parte de Pedro Sánchez. Mentres Illa amósase disposto a loitar polo Goberno catalán.

A estas horas especúlase coa posibilidade de que a ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, poida ser quen ocupe o Ministerio de Sanidade coa campaña de vacinación da Covid-19 comezando. Sánchez estuda esa opción, ao tempo que semella que Miquel Iceta podería dar o salto a Madrid encargándose dun departamento ministerial. A cesión do seu posto de candidato a Illa podería implicar o seu acceso ao equipo da Moncloa, ocupando o cargo que deixaría Darias.

Polo momento son especulacións de fontes próximas ao Goberno español, mais o que xa é unha realidade é que Salvador Illa está satisfeito coa proposición. Malia ter comandado toda a acción política desde que comezou a pandemia, o representante cre que está en condicións de afrontar uns comicios como cabeza de lista. Así, nun discurso por vía telemática no Consell Nacional do PSC, afirmou: "Estou preparado para presidir Catalunya. Acepto a candidatura".

Unha candidatura á que, a priori, tería sido proposto polo propio Iceta. A aposta en Illa é un xiro para intentar recuperar votos e o actual ministro o entende como "un acto de servizo".

Regreso á terra

"Dinme os meus compañeiros que podo ser útil para resolver a situación que vive Catalunya. Se o piden, a única cousa que podo dicir son dúas palabras: estou preparado", remarcou. Aliás, dixo confiar en Catalunya e por iso regresa.

Illa está confiado "na capacidade dos cataláns para sobrepoñernos á adversidade. Vencendo ao virus, recuperando a economía e apostando polo reencontro, sen desquites. Volvendo ao momento no que deixamos de escoitarnos". De feito, alertou de que o territorio está nun momento crucial.

Malia todo, defendeu que non se trata dunha "confianza cega", senón que se basea en que, ao seu parecer, no último século Catalunya e o resto de España progresaron conxuntamente, e a última mostra foi a crise do coronavirus.

"E agora quero ser presidente da Generalitat porque teño confianza e esperanza en Catalunya. Pídovos que me acompañedes, que loitemos con respecto pero con contundencia e claridade. Podemos facelo, farémolo. Gañaremos e recuperaremos unha Catalunya da que sentirnos orgullosos. Este é o meu compromiso", resumiu.

Comentarios