Os mercados acollen cunha queda moderada o resultado do referendo

Mercados europeos e asiáticos comezan a semana en caídas que reflicten a incerteza após a consulta grega.

Grecia

Os mercados asiáticos e europeos inauguraron a segunda feira con quedas, máis moderadas do previsto polos analistas,. As desvalorizacións móvense entre o 2 e o 3 por cento, reflectindo a incerteza perante o escenario que se abre após o triunfo contundente do Non no referente grego. Os principais índices de Paris e de Frankfurt negocian con caídas de 3% e as e Lisboa e Madrid rexistran perdas entre 2,5% e 2%.

Poucos minutos após abrir, as caídas foron minguando, excepción feita da bolsa de Milán, que segue a perder 2,8% e de Madrid, a recuar 2,25%, os principais índices europeos seguen a negociar por baixo de 2%. Nas bolsas asiáticas, o índice Hang Seng, de Hong Kong, caeu un 3,80%, e o Nikkei, da Bolsa de Tóquio, perdeu 2,08%.

Na prima de risco, os inversores procuran refuxio nos bonos alemáns, pois entenden que están libres de todo risco. Todo o contrario do que acontece cos títulos de débeda pública de Italia e España, onde a prima de risco aumentou.

Comentarios