"Mentres eu sexa presidente, non haberá ningunha independencia de ningún territorio español"

Entrevista en Antena 3 TV. Mariano Rajoy dixo que a lei se vai cumprir e que o referendo soberanista do 9 de Novembro non se levará a efecto. "Un referendo onde se pretende pór en cuestión a soberanía do conxunto do pobo español non se realizará", dixo.

entrevista 1
photo_camera Un momento da entrevista

O conflito político entre Catalunya e o Estado español foi o tema estrela da entrevista de Mariano Rajoy en Antena 3 TV.

Rajoy dixo que si ten un plan para Catalunya. Non pasa nen por aceitar o referendo pactado pola maioría das forzas políticas catalás nen por reformar a Constitución de 1978. O seu enroque é absoluto. O seu mantra, cumprir e facer cumprir as leis vixentes."Aplicarei a Lei e a Constitución española. Ese é o meu plano para Catalunya", dixo taxativamente.

O Estado está preparado "para calquer cenario que se poida producir"

Está disposto o Goberno español a suspender a autonomía de Catalunya? A este respeito Rajoy mostrouse tallante: o Estado está preparado para "calquer cenario que se poida producir".

"Quero dar tranquilidade e seguridade. Non haberá nin independencia nin consulta mentres eu sexa presidente do Goberno de España", enfatizou, ao tempo que puxo en dúbida a sinceridade dos apelos de Artur Mas ao diálogo.

Non recusou ter un contacto con Mas, mais si desbotou chamar ao presidente da Generalitat. "Non o chamarei. E menos para discutir sobre unha cousa [a soberanía] que compete ao conxunto do pobo español".

Comentarios