Na Cámara dos Comúns, o parlamento do Reino Unido, denunciouse esta quinta feira 11 de xullo unha suposta espionaxe do goberno español sobre deputados e deputadas que conforman un grupo que estuda a situación de Catalunya. Así afirmou o deputado Hywel Williams, do partido nacionalista galés Plaid Cymru.
Williams denunciou a realización dunha "vixilancia encuberta" sobre as actividades do denominado Grupo Parlamentario sobre Catalunya, que se formou para estudar o conflito catalán e que integra representantes do Plaid Cymru, do Partido Nacional Escocés e do partido conservador británico, baixo a coordinación do propio Williams.
Varias deputadas e deputados acusaron de vergoñenta a existencia da suposta espionaxe denunciada polo deputado galés.
Williams asegurou que existen probas desta espionaxe e apuntou a que se atopan nos documentos que o Ministerio de Exteriores de Josep Borrell achegou ao Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya
Williams asegurou que existen probas desta espionaxe e apuntou a que se atopan nos documentos que o Ministerio de Exteriores de Josep Borrell achegou ao Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya para consumar o feche das embaixadas catalás.
Neses documentos, segundo sinalou o deputado, faise alusión a varias reunións deste grupo parlamentario, “incluída na que interveu Josep Costa, vicepresidente do goberno catalán".
O deputado galés augurou que esta denuncia “ten aínda camiño para percorrer” e apuntou que neses documentos tamén aparecen sinaladas a deputada galesa Elin Jones e a primeira ministra de Escocia Nicola Sturgeon.
O deputado galés apuntou que neses documentos tamén aparecen sinaladas a deputada galesa Elin Jones e a primeira ministra de Escocia Nicola Sturgeon
A vicepresidenta da cámara británica, Eleanor Laing, asegurou que a suposta espionaxe é unha cuestión “moi seria", contraria á “lealdade” na que se basea a democracia británica, e animou o deputado galés para elevar a denuncia por escrito ao presidente da cámara. "
As acusacións de espionaxe
Todo estoupou a pasada terza feira 10 de xullo cando TV3 destapou unha presunta espionaxe do Estado español ao goberno catalán na súas acción exterior e embaixadas. O conselleiro de exteriores da Generalitat, Alfred Bosch, cualificaba a situación dunha "guerra sucia" por parte do Ministerio de Exteriores español.
O conselleiro de exteriores da Generalitat, Alfred Bosch, cualificaba a situación dunha "guerra sucia" por parte do Ministerio de Exteriores español.
As informacións que se emitiron apuntaban a que o goberno de Sánchez encargara informes sobre a actividade das delegacións da Generalitat para sumalas á causa que se apresentou no TSXC co obxectivo de pechar as embaixadas catalás en Londres, Xenebra e Berlín.
Today I raised concerns about the reports of alleged espionage by the Spanish Government on members of @APPGCatalonia
— Hywel Williams AS/MP 🏴 (@HywelPlaidCymru) 11 de julho de 2019
"Spying by a supposedly friendly country has no place here"#Catalonia pic.twitter.com/YCadTJDBcd