Tsipras demite: "Teño a conciencia tranquila e estou orgulloso da batalla que dei"

Haberá eleccións anticipadas en Grecia en setembro, apenas 9 meses despois da chegada de Syriza ao goberno. Hai voces que falan de escisión no partido.

Tsipras grecia

Boa parte dos medios gregos e europeos daban por feito a primeira hora da tarde que Alexis Tsipras demitirá esta quinta feira e convocará eleccións anticipadas. E Tsipras demiteu. Anunciouno el propio nunha intervención televisiva cun discurso ao país: "Agora decidirá a xente se o fixemos ben ou mal", dixo, afirmando que "teño a conciencia traqnuila". As eleccións poderían ser o 20 de setembro e a esa cita coas urnas Syriza podería chegar rota, pois desde a Plataforma de Esquerdas xa se abriu a porta a marchar do partido.

A Comisión Europea aplaude o paso dado por Tsipras e as eleccións anticipadas

Funcionarios e membros do goberno xa informaran que Tsipras tomou a decisión de demitir na xuntanza que mantivo cos seus colaboradores máis cercanos, canso da división interna de Syriza e os efeitos da mesma no Parlamento, onde o primeiro ministro tivo a 'rebelión' de parte dos e das deputadas do grupo a raíz do resgate.

Unha vez que presente a súa demisión perante o presidente, terá 3 días para formar un novo goberno. Ten Tsipras a opción de devolver o mandato ao presidente, que é o que se baralla como máis probábel. Entón o presidente, Pavlópulos, encargará a formación do executivo ao principal partido da oposición, Nova Democracia. En caso de non poder, a quenda será para o terceiro partido, Mencer Dourado.

Se, tal e como se agarda, ningún é quen de formar goberno ao non obter o apoio necesario no Parlamento, convocarase os líderes políticos para ver a posibilidade de facer un amplo goberno de unidade. De tampouco callar isto, entón haberá un executivo provisional que terá como único cometido convocar eleccións anticipados nun prazo máximo de 30 días.

Syriza

Diversos medios apontan a que, despois das eleccións, habería un congreso extra-ordinario de Syriza. Voces da ala esquerda -a Plataforma de Esquerdas- xa anunciaron que non seguirían en Syriza e que mesmo poderían concorrer ás eleccións de setembro cunha candidatura propia, á marxe do partido de Tsipras. A incógnita é saber que van facer destacados nomes, como Varoufakis ou Lavatsipas.

Comentarios