Medios españois non acudirán á comparecencia de Rajoy ao non permitir preguntas

A decisión de Mariano Rajoy de non admitir preguntas dos xornalistas na súa comparecencia deste sábado motivou que varios medios xa anunciasen a súa intención de non asistir á mesma

Eldiario.es e Economíadigital.es veñen de anunciar que non asistirán á comparecencia que Mariano Rajoy fará estes sábado no marco da executiva do PP. A súa primeira intervención após que saísen a luz os papeis do caso Bárcenas, polo que a mesa está a xerar un gran interese. Porén, a decisión de non admitir preguntas (argumentando que non é unha rolda de imprensa senón unha intervención) fixo que algúns medios xa sinalasen que non ían acudir á mesma.

Esta posición de Mariano Rajoy non é unha novidade nos seus meses á fronte do goberno, onde as súas comparecencias ante os medios de comunicación son escasas e, en non poucas ocasións, sen permiitir preguntas. Desde diferentes asociacións de imprensa e colexios de xornalistas tense criticado esta media, cada vez máis extendida nos círculos políticos españois.

Comentarios