Médicos sen Fronteiras critica o uso do seu informe como proba para atacar Siria

“O noso informe non pode ser empregado como proba para unha acción militar en Siria”, sinala a ONG e incide na necesidade dunha investigación independente

 

MSF, Médicos sen Fronteiras, saíu ao paso da utilización do seu informe para xustificar unha acción militar contra Siria. Desde goberno de EUA até medios de comunicación occidentais botaron man nestes días do documento que a ONG fixo, denunciando que atenderon o pasado sábado a 3.000 civís sirios con símtomas neurolóxicos.

A organización denuncia, segundo recollen diversos medios, que gobernos como o de Estados Unidos esté a empregar a información por ela achegada para sentenciar que o uso de armas químicas “é innegábel” e sinalar os culpábeis dese ataque.

“A nosa información médica non pode ser proba para atribuír a responsabilidade do suceso nin para certificar a orixe precisa da exposición a un axente neurotóxico”. O pasado sábado, MSF alertou que que Hospitais de Damasco atenderan máis de 3.000 persoas intoxicadas."Aínda que esa información apunta a unha exposición masiva a un axente neurotóxico, MSF precísase unha confirmación científica”, aliás “dunha "investigación independente” que determine o que aconteceu.

Comentarios